Non é xusto, Manuel Álvarez Torneiro

lunes, 5 de febrero de 2018
Camelia roja, Misato Tanaka 

NON É XUSTO

Non é xusto.

Caerache o cabelo e chorarás
o pranto doutros días,
como antonte,
como os días de sol, os días vivos.

Baixo a mamila esquerda
—que un día desexaron
o sátiro máis torpe e o novizo,
dende un basto desexo—
hai un barro mortal. E non é xusto.

E non é xusto por moi inescrutables
que sexan os camiños do teu deus.

E non é xusto.
Aínda que regresen as camelias
querendo dicir algo.

‍‍ ‍‍
Manuel Álvarez Torneiro, Onde nunca é mañá, Kalandraka, Vigo, 2014.
‍‍ ‍

0 comentarios: