Mostrando entradas con la etiqueta Lois Pereiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lois Pereiro. Mostrar todas las entradas

Curiosidade, Lois Pereiro

miércoles, 16 de mayo de 2012
Una puerta se abre en la noche de terciopelo, René Magritte


CURIOSIDADE

Saber que está un á morte
e o corpo é unha paisaxe de batalla:
unha carnicería no cerebro.

¿Permitirías ti, amor deserto,
que nesta febre impenitente abrise
a derradeira porta e pechase
detrás miña, sonámbulo e impasible,
ou porías o pé
entre ela e o destino?



Lois Pereiro, Poesía completa, Xerais, Vigo, 2011, p. 107.

The stuff the dreams are made of, Lois Pereiro

lunes, 23 de abril de 2012
El sueño, Salvador Dalí


THE STUFF THE DREAMS ARE MADE OF

Por ti sobrevivir coa forza necesaria
para erixirme en sombra do que fun
Sen ti ser eu de novo
orfo doutro destino
resignado a ser eco da túa ausencia
vida e morte en desfile intermitente
Humildemente ser nada por ti
unha figura fuxidía na sombra
da mesma materia que os nosos soños
co esprito intoxicado de nostalxia.



Lois Pereiro, Poesía completa, Xerais, Vigo, 2011, p. 86.

Penetration prayer, Lois Pereiro

sábado, 7 de abril de 2012

PENETRATION PRAYER

Celebra e recebe
na lingua da rabia
nos límites da euforia
na túa boca
este ouro branco e lóxico veleno
co teu sangue entraberto
a un mundo incerto
en doses fragmentadas da ruína

pois a demolición
é o ferro que nos arma

celebra a nostalxia
e na ausencia do vicio
conserva o teu odio
condénate
amén


Lois Pereiro, Poesía completa, Xerais, Vigo, 2011, p. 64.