La tormenta, Yves Tanguy
Unha luz de estaño
na periferia da inocencia
afoga as voces baleiras
cando a sombra do silencio
descende
á beira do recordo
e o bafo paraliza a busca...
Eu non te quería sombra deserta,
lagoa deshabitada.
Eu queríate rachando o día
de veracidade,
de fulgor sereo,
de chuvisca fráxil.
Chóvete por dentro
e non sabes berrar
os restos da dor.
Olga Patiño Nogueira, Silencio habitado, Pigmalión, Madrid, 2013, p. 70.
0 comentarios:
Publicar un comentario